Xeocaching de etiqueta

A guía de etiqueta do xeocaching (xeo-etiqueta) é moi extensa, posto que é un compendio de normas que podemos atopamos nas «guidelines» (directrices) de Groundspeak e outras tantas «non escritas» onde a experiencia, o sentido común e o instinto mestúranse en adecuadas proporcións.

No entanto, reflectimos aquí as máis coherentes, lóxicas e básicas:

Cumprimento das directrices –«guidelines»– sobre xeocaching.
É recomendable observalas regularmente para ver os cambios que se efectúan con certa frecuencia.

Respecto aos revisores, aos cachés alleos e ao resto de xeocachers.

Respecto ás leis e prohibicións.
Varios exemplos poden ser: límites de velocidade na estrada, o respecto ás plantas, acceso a propiedade privada, horarios,…

Respecto á autoridade.
Non fuxir da policía/seguridade privada/donos da propiedade. Se te atopan manipulando un caché, tocando en lugares «sensibles» ou con actitudes sospeitosas, non fuxas e saias correndo. Aumentarás a sensación de estar a facer algo ilegal. Mellor conversa con eles e explica a situación.

Respecto ao medioambiente.
Non digo que vaias sempre con luvas de látex e bolsas de lixo, pero se atopas lixo preto dun caché e de forma improvisada retiras aínda que sexa unha lata de refresco, depositándoo posteriormente no colector adecuado, ese pequeno acto xa está a marcar unha gran diferenza. Estás a practicar CITO (Cache In Trash Out -Un caché máis, un lixo menos-).
Reportar os problemas canto antes.
Sobre o estado dun caché, sobre un inconveniente do lugar, perigo de accidentes, etc. Incluso algo tan simple como avisar ao propietario que apenas queda sitio para asinar no libro de rexistro convértese en ocasións en misión imposible. De igual forma consultar co propietario dun caché se tes pensado visitar algún e está deshabilitado ou desaparecido.
Hai quen os repón automaticamente sen consultar primeiro co propietario e logo veñen os problemas.

Sociabilizar.
Mentres que o xogo pódese xogar en solitario, o aspecto social pode mellorar a experiencia. Coñecer a xeocachers da zona, participar en eventos e reunións, compartir experiencias e diferentes formas de ver o xeocaching e de afrontar as procurasp ode axudarnos a mellorar e a reparar nos nosos erros.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio