Información

Xeocaching de etiqueta

A guía de etiqueta do xeocaching (xeo-etiqueta) é moi extensa, posto que é un compendio de normas que podemos atopamos nas «guidelines» (directrices) de Groundspeak e outras tantas «non escritas» onde a experiencia, o sentido común e o instinto mestúranse en adecuadas proporcións.
No entanto, reflectimos aquí as máis coherentes, lóxicas e básicas.

A adaptación do relato: «Do Beato Rudesindo Sabucedo»

A ruta que vos propomos ten como base a obra gañadora do primeiro premio de Relato Curto de Moreiras «Do Beato Rudesindo Sabucedo» de Jonathan Da Silva Vecino.

Trátase dunha adaptación feita a medida do propósito para o que foi creada, o xeocaching, polo que é escusado dicir que calquera parecido coa realidade é pura coincidencia…. ou non.

Non será cousa dun día, nin de dous. Os anacos da adaptación serán publicados periódicamente nesta web polo que recomendamos a todos os amantes do xeocaching visitarnos de cando en vez, non vaia ser que cando cheguedes xa non quede nada por descubrir.

Buscar un caché

Acabas de descubrir o xeocaching, sexa como sexa, e estás desexoso/a de comezar a buscar os teus primeiros tesouros, pero antes de que te lances precipitadamente á súa procura adica uns minutos a ler estas recomendacións que che axudarán a ter éxito desde o principio.

Tipo de obxectos

Dentro du xeocaché podemos atopar multitude de obxectos. Xeralmente clasifícanse dentro de varias categorías: Así podemos atoparnos con obxectos coleccionables, obxectos para o intercambio puro, se colle un debes deixar outro, obxectos rastexables.

Os tesouros

Xeralmente os buscadores de tesouros – tamén chamados xeocachers – diríxense a unhas coordenadas GPS concretas e tratan de atopar o tesouro oculto nesa localización.
Noutras ocasións os xeocachers seguen pistas en lugar de coordenadas.

Qué é o xeocaching

O xeocaching tivo a súa orixe en internet no grupo de noticias sci.geo.satellite-nav adicado aos Sistemas Globais de Navegación por Satélite (GNSS). David Ulmer, asiduo deste grupo, decidiu celebrar o feito de que o goberno estadounidense suprimise a dispoñibilidade selectiva (SA) o 1 de maio de 2000, a cal degradaba intencionadamente o sinal dos satélites para evitar que os receptores comerciais fosen demasiado precisos, propondo un xogo ao resto de membros do grupo. Así o  3 de maio esconseu o primeiro tesouro nos arredores da cidade de Portland en Oregón (Estados Unidos) e enviou ao grupo de noticias as coordenadas exactas da súa localización.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio