Tipo de obxectos

Dentro dun xeocaché podemos atopar multitude de obxectos que separaremos en varias categorías:

Obxectos coleccionables
Cartóns persoais (IDE Cards) ou tamén chamados “Signature Items”.
Son obxectos que nos identifican como xeocachers e que se adoitan deixar para dicir: “Estiven aquí”. Podes deixar un obxecto a cambio ou non.

Obxectos para intercambio puro.
Se colles un destes, deixa outro de similar valor. Poden ser xoguetes, ferramentas, bixutaría, útiles, etc…

Obxectos rastrexables.
No xeocaching hai obxectos que están concibidos expresamente para ser viaxeiros. Estes obxectos levan un código de rexistro que se poderá usar na web de geocaching para notificar que o atopaches nun caché, que o levas ou que o deixaches noutro distinto. Este tipo de obxectos non se consideran obxectos de intercambio, polo que podes deixar e coller cuantos queiras sen necesidade de deixar nada a cambio. Iso si, respecta o seu labor e non os colecciones. Que sigan o seu camiño.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio