Qué é o xeocaching

O xeocaching tivo a súa orixe en internet no grupo de noticias sci.geo.satellite-nav adicado aos Sistemas Globais de Navegación por Satélite (GNSS). David Ulmer, asiduo deste grupo, decidiu celebrar o feito de que o goberno estadounidense suprimise a dispoñibilidade selectiva (SA) o 1 de maio de 2000, a cal degradaba intencionadamente o sinal dos satélites para evitar que os receptores comerciais fosen demasiado precisos, propondo un xogo ao resto de membros do grupo. Así o  3 de maio esconseu o primeiro tesouro nos arredores da cidade de Portland en Oregón (Estados Unidos) e enviou ao grupo de noticias as coordenadas exactas da súa localización.

Hoxe en día o xeocaching é un xogo ao aire libre onde cada participante utiliza un receptor GPS (Sistema de Posicionamento Global) para buscar algo que escondeu outra persoa nun sitio determinado, normalmente usando as coordenadas xeográficas do punto exacto onde se escondeu devandito obxecto (cachés físicos), tamén gozando e aprendendo características únicas xeolóxicas do terreo cos EarthCachés e os Virtuais (cachés non físicos).

Existe unha páxina web onde se almacenan todas as fichas dos tesouros, denominados cachés ou geocachés -[geocash] en inglés-, que xa están escondidos e onde podemos realizar unha consulta para despois, introducir as súas coordenadas no noso GPS ou smartphone para comezar a procura.

Trátase, sen dúbida,  dunha actividade excelente para disfrutar en familia xa que, os máis cativos poden aprender sobre a natureza, xeografía ou historia do lugar visitado mentres disfrutan inmersos no xogo da procura do tesouro. Tamén é unha motivación adicional para os que disfrutan cos percorridos pola natureza e o turismo activo.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio