Buscar un caché

Acabas de descubrir o xeocaching, sexa como sexa, e estás desexoso/a de comezar a buscar os teus primeiros tesouros, pero antes de que te lances precipitadamente á súa procura adica uns minutos a ler estas recomendacións que che axudarán
a ter éxito desde o principio.

Le coidadosamente a descrición do caché.
Pode ser que pases por alto algo importante que sexa determinante para a súa localización.

Fíxate nos seus atributos.
Se te lanzas á procura sen mirar os atributos pode ser que te atopes cunha zona perigosa ou que necesites algunha ferramenta específica.

Asegúrate de usar o zoom no mapa.
Para ver con todo o detalle os accesos: posibles camiños, estradas secundarias, etc…
Tenta tamén usar mapas doutra compañía: usa o zoom e compara os teus resultados con google maps. Poida que te leves gratas sorpresas en canto á calidade do zoom.

Imprescindible:
Observar a clasificación de dificultade xeral e de terreo, ambos os indicados por un número de estrelas de 1 a 5. A máis estrelas, maior dificultade.
Cando esteas a consultar mapas ten sempre presente as escalas e as distancias. Calcúlaas con coidado e tenas en conta cando deixes o vehículo nun lugar e debas percorrelas até onde se atope o tesouro.
En smartphones e unidades GPS de man, estas poden ser MOI enganosas, xa que se mostran até o tesouro mediante unha liña recta.

Exemplo:
O teu dispositivo móstrache que estás a 1km do caché, cando en realidade tes que bordear un río e subir en zig-zag a unha cima para alcanzalo, co que efectivamente atópaste a 3 ou 4 km do tesouro.

Moi recomendable antes de empezar a procura ler as experiencias e rexistros dos xeocachers que atoparon o tesouro antes que ti. Pódente axudar a orientarte no terreo, darche algunha pequena pista sobre a forma, situación, estado do mesmo, etc.
De igual forma que os rexistros doutros xeocachers, o propietario do caché pode engadir á descrición algunha pista (hint) determinante para  a súa localización ou mesmo algunha imaxe do colector, da súa localización (spoiler) ou dos arredores ou as vistas desde o tesouro. De contar con estas  indicacións, o seu uso faise case necesario cando nos lanzamos á procura
de caches urbanos que, debido á intensa afluencia de persoas alleas ao xogo (denominados muggles) nos arredores do tesouro, farían moi dificultosa a súa extracción, firma e recolocación no seu agocho.
Nin que dicir ten que a investigación alcanza un nivel de importancia ou outro dependendo do tipo de caché a buscar, xa que non é o mesmo buscar un caché de tipo tradicional, que investigar para conseguir as coordenadas finais dun caché de tipo mystery (unknow cache). Neste tipo de cachés terás que resolver algún tipo de enigma, código cifrado ou similares e/ou recompilar información sobre un determinado tema para descifrar algún misterio e conseguir as coordenadas finais onde se atopa o caché. É por isto que a procura de información e a investigación adquiren especial relevancia.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio